Que está pasando na Macoca? (2)

Nesta postaxe voume centrar en desenvolver un dos aspectos máis sangrantes do que está acontecendo entorno á pista de atletismo da Macoca, que o goberno municipal do señor Rocha está ainda a executar, o vinte de decembro publiquei unha primeira entrada sobre este asunto que recomendo ler Que está pasando na Macoca? (1) , e aqui falarei dunha das partidas dese tragadeiro de diñeiro dos contribuintes que non se sabe a onde vai xa que desde logo non casa de ningunha maneira os presupostos das adxudicacións co que realmente se fixo alí. Refírome ao cerramento da pista.


Cerramento xa rematado das instalacións da Macoca

Puiden acceder a un presuposto elaborado por Fontenelle coa base de datos PREOC, de acceso público en www.preoc.es , todo parece indicar que estamos perante unha malversación de fondos públicos porque esa base de datos é a mesma que di que utilizou o concello  para determinar o presuposto dese cerramento avaliando partida por partida o aprobado no pleno, o dato final que establece a comparativa é estremecedor, o custo real da obra seria de 122.598, 47 €
Resumo do orzamento do cerramento da Macoca. Ao final do artigo desglose completo.


Como se pode ver no anterior resumo obsérvase que o custo real da obra está moi alonxado da cantidade que o concello presupostou e a Deputación pagou e que ascende á frioleira de 197.865,43 € como se pode ver no cartaz da obra fotografado, no mesmo cartaz podemos ver como a adxucataria da obra é tamén Belypa, a mesma construtora que despois de facer mal a pista a primeira vez foille contratado a seu arranxo 

Cartaz de adxudicación da obra da Deputación de Pontevedra

Se temos en conta o que se presupostou pola excelentísima Deputación (197.865,43 €) e custo real das obras (122.598,47 €) encontramonos cun descadre enorme, como en moitas das obras nas que as institucións do Partido Popular, o alcalde Rocha e as construtoras Belypa ou Altrasan aparecen implicadas.

Ademáis, porque figuran partidas que non se executaron?, parece que se inventaron partidas, fixose un orzamento para un cerramento completo (cando alí xa existía un muro existente) onde saiu tanta terra para compactar?. Hai varias partidas que non se entenden "Excavación mecánica en zanjas t. flojo" (235,50 m³) para que se fixeron estas zanjas?, "Hormigón HA-25/P/40" 130m³. Para que tanto formigón? Se o muro é existente onde se meteu este formigón, só para as gradas?, "Fábrica Bloque H. Gris" 598m². O muro de bloque era existente. non se fixo un muro novo. Reconstruiuse parte do muro, sendo a parte reconstruida moi inferior á cantidade que aparece no orzamento. En definitiva o desvio de 75.000 € é supondo que as partidas fosen reais pero parece que varias non o son e que o desvio de fondos públicos podería ser ainda maior. 

A continuación o presuposto detallado partida por partida que permite observar como os importes reflectidos na acta municipal de maio de 2010 son sempre superiores ao custo real de cada unha das partidas o que demostra de forma moi clara a falta de ética, moral e respecto aos cidadáns co que os señores do Partido Popular utilizan os nosos cartos.





1 comment:

  1. E isto que comentas non se pode levar a xustiza?.

    ReplyDelete

podes deixar aqui a tua opinión,